-
-
-
- Título: Os dous de sempre
- Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Editorial: Editorial Nós
- Número de páginas: 170
- Publicación: 1934
- Libro en Amazon: https://amzn.to/36gJNjm
-
-
** Sinopsis
Graza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do pobo galego.
Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.
** Opinión personal
A entrada de hoxe é distinta, pra empezar está en galego. Non pode ser de outro modo si o libro que vou reseñar é «Os dous de sempre» de Castelao, obra na que o autor fala do pobo galego. É un libro do ano 1934, máis a sús portada non pode gustar máis, é sinxela e bonita.
Calquera que estudiara nun colexio galego sabe de sobra quen é Castelao e o moito que nos gusta ós galegos falar de él. Non fai demasiado estiven nunha exposición onde había moitas das súas ilustracións, algo que tamén me gustaría destacar, xa que este autor acompaña cada capítulo do libro dunha imaxe feita por él mismo. Son unha maravilla, sinxelas pero fermosas e sempre cunha sátira da sociedade da época.
Os protagonistas das desventuras que se suceden na novela son Rañolas e Pedriño, amigos desde cativos e ós que acompañamos ó longo das súas vidas. Este libro recolle os problemas da emigración, da crianza dos fillos, da xente de aldea e dos problemas da vida. E un libro que se pode ler nunha tarde xa que non é especialmente extenso.
Esta novela fala das inxustizas, así comeza e así remata, protestando.
Sen dúbida é un libro totalmente recomendado en calquer idioma. E moi divertido, un obrigado nas estanterías.
Sen dúbida Castelao é un referente da literatura galega. Recordo que no instituto fixéronnos ler o seu libro Cousas e teño un bo recordo del 💖
Me gustaLe gusta a 1 persona
Un gran escritor, a mín encántame 🙂
Me gustaLe gusta a 1 persona
Sempre maravilloso. Un saudo! 🙂
Me gustaLe gusta a 1 persona
Sen dúbida ❤
Me gustaLe gusta a 1 persona